top of page

Monterroso crea unha nova área de xogos sostibles para poñer en valor a área de Caracacho

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso visibiliza a área de Caracacho instalando un parque infantil

sostible para poñer en valor a ruta de sendeirismo do novo ao vello Monterroso, o Miliario de Caracalla e o cruceiro recentemente instalado para visibilizar o Camiño Santo ao seu paso pola localidade.


"A actuación consistíu na instalación de elementos infantís nun entorno natural e emblemático como é o Caracacho, polo que o uso de materiais respectuosos e sostibles era prioritario", indica o Concello. Os xogos recentemente instalados de Robinia orgánica escollidos proceden de bosques europeos sostibles e son de madeira duradeira, resistente ó clima e polo tanto, moi acordes e adecuados para a área de Caracacho.


Estes elementos fabrícanse, segundo a Axenda 2030 de desenvolvemento sostible de Nacións Unidas, con materias primas que conteñen baixas emisións de carbono procedentes de silvicultura sostible cumprindo o obxectivo de redución do 45% de emisións antes do 2030, e polo tanto, creando un parque infantil cunha pegada de emisións de carbono moi baixa acreditada polo certificado de emisións de cada elemento.

En canto ao pavimento apostouse por escavación de solo natural e un pavimento que amortigue en area lavada moi respectuoso co medio ambiente xa que ten menos

impacto sobre o entorno que o pavimento continuo de caucho, tal e como incide o Concello. A alcaldesa, Rocío Seijas, sinala que se engloba dentro do plan do equipo de goberno para crear e mellorar zonas de xogos infantís e que se suma ás obras de mellora dos dous parques infantís recentemente levadas a cabo, así coma aos plans de novas áreas de lecer que están en proxecto e que aspiran a poder executar nesta anualidade.


Ademais, destaca que a creación desta nova área de xogos sostibles é "unha aposta clara pola sostenibilidade e especialmente polo visibilización dos entornos naturais de Monterroso para poñer en valor o municipio a nivel paisaxístico e a nivel turístico, mellorarando a calidade das prestacións aos veciños e visitantes".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page