Monterroso continúa a traballar para mellorar os servizos sociais do municipio
"A vivenda comunitaria municipal non da nin deu cobertura real as necesidades reais dos monterrosinos", lamenta a alcaldesa, Rocío Seijas
Laura Moure/Monterroso
O equipo de goberno do Concello de Monterroso continúa a traballar para mellorar os
servizos sociais do municipio, tal e como afirma o goberno local. Este venres reuníronse de novo na Consellería de Política Social a alcaldesa, Rocío Seijas, e o tenente de alcaldesa, Eloy Pérez, ca directora xeral técnica, María Francisca Gómez Santos. Na xuntanza tamén estivo presente o subdirector de proxectos e a subdirectora xeral de autorizacións e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia.

Trátase da terceira reunión que manteñen para avanzar na mellora dos servizos sociais e concretamente para darlle unha viabilidade á vivenda comunitaria municipal. En concreto, o equipo de goberno está a traballar en consonancia ca Consellería de Política Social na procura de dar unha mellor cobertura aos veciños e albergar un centro residencial no que podan residir e ser atendidos tódolos veciños que así o precisen.
Así mesmo na reunión tratáronse diversos temas para mellorar a xestión do centro de día e do servizo de comidas a domicilio e potenciar así os servizos sociais ofrecendo un servizo íntegro á terceira idade do concello tanto a través de centros socio-sanitarios como dende os seus fogares.
A alcaldesa lamenta que "a vivenda comunitaria municipal non da nin deu cobertura real as necesidades reais dos monterrosinos non podendo atender as necesidades reais das persoas maiores polo que é preciso darlle un novo enfoque no que xa levan tempo traballando".








Comentarios