top of page

Monterroso continúa a mellorar o seu campo de fútbol Cerdeiriños

Laura Moure/Monterroso

O campo de fútbol de Cerdeiriños en Monterroso continúa a ser mellorado con labores de

mantemento consistentes en segas e replanteo para o seu perfecto establecemento de céspede, segundo puideron comprobar hoxe in situ a alcaldesa, Rocío Seijas, o concelleiro de deportes Marcos Otero e os dous tenentes de alcaldesa, Eloy Pérez e Luís Mariño.

Logo dos labores de rexeneración da superficie encespedada e da mellora do drenaxe consistentes na aplicación de herbicida, laboreo e nivelación, recebado con arena silícea, fertilización con abonos de liberación lenta e plantación de céspede ca fórmula SPORT+ (mezcla de distintas especies e variedades de gramíneas de alta clasificación e aptas para o pisoteo) estanse a levar a cabo tarefas de replanteo e abono para que na próxima tempada poda ser utilizado nas mellores condicións.

Trátase da rexeneración do céspede que se enmarca dentro dun Convenio coa Secretaría de Deportes consistentes tamén na reforma e remodelación dos vestiarios. Ademais o Concello vén de solicitar unha subvención para o acondicionamento exterior das instalacións deportivas de Cerdeiriños. As actuacións que se levarán a cabo serán sobre a fachada do muro de peche, o lateral do graderío por ambas caras e a fachada dos vestiarios para darlle unha nova imaxe o campo de fútbol.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page