Monterroso contará cun parque infantil cuberto integrado no entorno da Cúpula
Constará dun rocódromo infantil, unha zona de xogos accesibles e dinámicos e unha cuberta para protexerse da climatoloxía
Laura Moure/Monterroso
O Concello Monterroso vén de presentar o proxecto dun parque infantil cuberto integrado no entorno da Cúpula. O proxecto presentado mediante unha subvención para a mellora de infraestruturas consta dun rocódromo infantil, unha zona de xogos accesibles e dinámicos e unha cuberta para protexerse da climatoloxía, integrándose nunha zona na que se vén de remodelar outros dous partes infantís a escasos douscentos metros.

Este proxecto que se vai a levar a cabo forma parte dun plan de acción para o benestar das familias nese entorno e que consta de cinco eixos: os dous parques totalmente reformados da Praza Rojo Losada e da Praza Fernando Salgado para os nenos máis cativos, o proxecto de ampliación de parque infantil con casiñas de madeira no entorno do templete, unha zona cardiosaudable, a remodelación da zona verde da Cúpula con zona de xogos na zona da antiga fonte e este proxecto que suple a climatoloxía.
A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, destaca que "trátase dun proxecto dentro dun plan de acción para modernizar e levar a cabo a humanización dun dos puntos máis neurálxicos e céntricos da vila como é o entorno da Cúpula e do Centro de Interpretación: Monterroso, a vila das feiras". Sinala ademais que "é darlle solución a unha demanda da veciñanza e facer da zona un espazo máis funcional e moderno, acorde coas necesidades actuais".








Comentarios