top of page

Monterroso celebra os seus festexos do San Miguel dende o 28 de setembro ata o 1 de outubro

O alcalde do municipio, Eloy Pérez, fala destas festas e convida a asistir


Laura Moure/IsmaelRS/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, co cartel dos festexos. Autor: Ecos da Comarca.

Despois da época estival, as festas continúan nas comarcas. E este xoves, día 28 de setembro, arrancarán os festexos de San Miguel en Monterroso. ECOS DA COMARCA acercámonos ata a localidade este martes. Alí xa se respira o ambiente festivo coa chegadas das distintas atraccións. Ademais, falamos co alcalde do municipio, Eloy Pérez, que nos convidou a todos a asistir a esta celebración. Adiante vídeo:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Como xa adiantamos este luns, o monterrosino Miguel Rodríguez Barrio será o pregoeiro. O director xerente da Área de Xestión Corporativa da CRTVG pronunciará o seu pregón este xoves ás 21:00 horas na Casa Consistorial.


Rodríguez Barrio é economista e doutor e ocupou diferentes postos directivos na empresa privada e na administración pública autonómica. O Goberno local valora a súa traxectoria profesional e destaca que se trata “dun veciño de Monterroso que leva o nome do noso Concello con afecto e conserva casa na vila, á que volve sempre que pode”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O CARTEL DOS FESTEXOS:




תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page