top of page

Monterroso acolle a mostra sobre a historia da Banda de Música de Antas impulsada pola Deputación

2 jun 2022
2 min de lectura

Esta exposición inaugurouse na Praza Alcalde Antonio Rojo Losada e poderase visitar neste concello ata finais de xuño


Laura Moure/Monterroso

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, inaugurou este mércores na Praza Alcalde Antonio Rojo Losada, de Monterroso, a mostra 125 anos resoando no Corazón de Galicia, que poderá visitarse neste concello ata finais de xuño. A Deputación de Lugo organiza esta exposición que repasa a historia da Banda de Música de Antas de Ulla con motivo do aniversario da agrupación.

Pilar García Porto animou aos veciños e veciñas de Monterroso, da comarca da Ulloa e do conxunto da provincia a visitar esta mostra, “coa que damos valor á historia e á riqueza que supón para o noso territorio contar coa Banda de Antas”. Esta agrupación é unha das formacións máis antigas de Galicia e “dinamiza a vida social e cultural, ademais de actuar sempre como embaixadora de primeiro nivel para a promoción da comarca”, celebrou a Deputada. Neste sentido, tamén subliñou que a agrupación ten “un gran pasado, pero tamén un gran futuro, garantido pola media de idade dos actuais membros da Banda, todos e todas eles moi novos”.


No acto, ademais da Deputada, estiveron presentes a alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas Vázquez; a presidenta da Asociación da Banda de Música de Antas de Ulla, Candela Maceda Vázquez, e o autor e coautor do libro sobre a agrupación, José Salgado e Eduardo Salgado.

A exposición, que xa se puido visitar nos concellos de Antas de Ulla e, recentemente, en Palas de Rei, estará situada na Praza Alcalde Antonio Rojo Losada de Monterroso durante todo o mes de xuño. A Deputación financiou con 18.000 euros da mostra, ademais de achegar outros 18.000 euros para a celebración dos distintos actos conmemorativos da Banda de Música de Antas, entre os que se atopa a edición dun libro e de dous vídeos que documentan o percorrido da formación.


A Banda de Música de Antas de Ulla fundouse en 1896 e mantivo de forma ininterrompida a súa actividade ata a Guerra Civil, cando se disolveu, retomándose o proxecto a principios dos anos 80.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page