Moito máis que Cocido no día grande de Lalín
- Laura Moure / IsmaelRS
- 10 feb 2024
- 1 Min. de lectura
A capital de Deza recibiu a milleiros de visitantes e encheuse de colorido para celebrar a súa 56ª Feira do Cocido
Laura Moure/IsmaelRS/Lalín

O pasado domingo Lalín recibiu a milleiros de visitantes e encheuse de colorido para celebrar a súa 56ª Feira do Cocido, celebración que xa foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional. Este ano a pregoeira foi a poeta Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023.
A celebración comenzou no Consistorio co nomeamento dos novos encomendadores do Cocido. Este ano foron a propia Castaño; o promotor e exconselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a comunicadora Belén Xestal; o empresario francés Michel Durrieu; o actual conselleiro de Medio Rural, José Vázquez, e o xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUS, Rafael López.
Publicidade
Despois Yolanda Castaño deixou pegada no libro de honra do Consistorio e tamén, literalmente e con fariña, pegada das súas mans nun molde como fan todos os pregoeiros. De seguido, visitaron os diferentes postos situados na carpa do campo da feira.
Autor: Ecos da Comarca.
Publicidade
Despois chegou a quenda do pregón e por último, o desfile de comparsas e carrozas, na que a da parroquia de Sello un ano máis se fixo coa vitoria. PERO TODO ISTO RECOLLÉMOLO NO SEGUNTE VÍDEO:
Comments