top of page
Foto del escritorLaura Moure

Mis Mejores Labores gaña o concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello de Melide

Carnicería Cardelle e a tenda de xoguetes Toysmaniatic foron galardoados, respectivamente, co 2º e 3º premio


Laura Moure/Melide

O xurado do Concurso de Escaparates de Melide, reunido esta mañá na Casa do Concello en deliberación, acordou conceder o primeiro premio do certame, por valor de 1.000 euros, ao comercio Mis Mejores Labores. Do mesmo modo, Carnicería Cardelle e a tenda de xoguetes Toysmaniatic foron galardoados, respectivamente, co 2º e 3º premio (500 e 250 euros).

O escaparate de Mis Mejores Labores que gañou o primeiro premio.

Esta nova edición do concurso contou con dezanove establecementos participantes. O

Concello de Melide convidou, un ano máis, ao comercio local a participar da decoración de Nadal enfeitando os seus escaparates con motivos alusivos a estas datas. O xurado tivo en conta a orixinalidade e beleza das composicións dispostas nos establecementos gañadores.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O edil de Promoción Económica, Xosé Igrexas, salientou a participación e o bo nivel acadado no concurso deste ano. O concelleiro parabenizou aos comercios premiados, aos que se lle fará entrega dos distintos premios en vindeiras datas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentit


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page