top of page

Merlán, en Palas de Rei, conta coa autorización para proceder ao aumento da súa potencia eléctrica

Laura Moure/Palas de Rei

A Consellería de Economía, Industria e Innovación concedeu a autorización administrativa favorable para a construción dunha instalación eléctrica en Merlán a petición do Concello de Palas de Rei á operadora Unión Fenosa Distribución, S.A


Publicidade

Desta maneira, a veciñanza da parroquia de Merlán, terá ampliada a súa potencia eléctrica nos domicilios ao pasar de ter un transformador de 50 kVAS por un de 100 kVAS. A media foi tomada ante os continuos cortes eléctricos presentados, que motivaron unha demanda de maior potencia eléctrica que dea cumprida resposta as necesidades dos veciños/as.


Publicidade

Tamén se procedeu a repotenciacións similares en: Pidre, Chorexe e Ponte Mercé.




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page