Terá lugar o 18 de marzo e será o Raid Interior, dende o Ulla ata o Bocelo
Laura Moure/Comarca Terra de Melide
Os concellos de Melide, Santiso e Toques organizan, xunto con Xesta Natureza e a Federación Galega de Orientación, a 1ª proba da Liga Galega de Raids de Orientación. Esta proba, que terá lugar o sábado 18 de marzo, formará parte do Campionato Galego.

Dende o embalse de Portodemouros, que acollerá a proba de kaiak, ata a cima dos montes do Bocelo, punto máis alto da provincia de A Coruña, a proba percorrerá paisaxes
da contorna dos tres concellos, poñendo en valor elementos patrimoniais, naturais e
históricos dos mesmos. O percorrido atravesará espazos emblemáticos das localidades
de Melide, Santiso e Toques. A proba estenderase ao longo duns 80 quilómetros, cunha
duración aproximada de 10 horas.
Inscricións
Os equipos participantes, compostos por entre 2 e 5 membros coa obrigatoriedade de que
sexan mixtos, distribuiranse en tres categorías. Serán tamén tres as disciplinas que
compoñen a proba, trekking, mtbo (orientación en bicicleta de montala) e kaiak. As
inscricións abriranse o vindeiro xoves 2 de febreiro, a través da plataforma
Na presentación da proba que tivo lugar hoxe en Melide estiveron presentes os alcaldes
dos tres concellos que atravesa a proba: José Manuel Pérez, alcalde de Melide, Manuel
Adán, de Santiso e José Ángel Penas, de Toques. Tamén estivo presente o tenente de
alcalde e concelleiro de Deportes de Melide, José Prado. Para os tres concellos a idea é
reforzar a presenza dos tres municipios no mapa do deporte exterior e de aventura de Galicia.
Escaparate idóneo
A proba constitúe o escaparate idóneo para seguir difundindo o valor patrimonial, cultural
e pasaixístico dos concellos de Melide, Santiso e Toques, a través de paraxes excepcionais entre o Ulla e os Montes do Bocelo. Prado salientou que esta proba supón “reforzar a presenza dos tres municipios no mapa do deporte en exteriores e de aventura en Galicia” e considera que “esta proba é un escaparate perfecto para seguir difundindo o valor patrimonial, cultural e paisaxístico de Melide, de Santiso e de Toques, a través de paraxes excepcionais entre o Ulla e os montes do Bocelo”.
Comments