A decisión, segundo o Concello, vén motivada por un descenso significativo no número de casos activos da Covid-19
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_72d6e09dd509498b92cff0724d156cae~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_679,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_72d6e09dd509498b92cff0724d156cae~mv2.jpg)
Mercado de produtos de Melide. Foto: Concello de Melide
Laura Moure/Melide
A localidade melidense volverá acoller este domingo o mercado de venda de produtos agroalimentarios, despois de acadar un descenso significativo, e continuo ao longo dos días, no número de casos activos da Covid-19, tal e como informa o Concello.
O mercado celebrarase na súa ubicación habitual, na Praza das Coles e na Rúa Alhóndiga e "contará cun dispositivo especial de seguridade para que se poida celebrar baixo o estrito cumprimento das normas sanitarias vixentes".
O Concello rógalle aos veciños e veciñas que cumpran as normas básicas sanitarias: distanciamento social, hixene de mans e uso de máscara, para poder continuar coa tendencia á baixa, podendo así consolidar a celebración do mercado de produtos agroalimentarios.
Commentaires