Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Melide pasará o sábado ao nivel alto e Agolada, Arzúa, O Pino, Antas, Monterroso e Palas ao medio

Mentres Lalín, Silleda, Santiso e Boimorto descenden ao mínimo


Laura Moure/Xeral

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.


Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.


Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.


Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 11 de setembro.

NOTICIAS RELACIONADAS:

https://www.ecosdacomarca.com/post/datos-de-covid-nas-comarcas-de-arzúa-deza-terra-de-melide-e-a-ulloa-deste-martes-07-de-setembro

343 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE