top of page

Melide inicia a implantación do contedor marrón para a recollida de residuo orgánico

Na primeira fase da implantación serán 25 establecementos de hostalería locais os que farán uso del


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide iniciou esta semana a implantación do contedor marrón, avanzando así no cumprimento das obrigas legais recollidas na lei de residuos estatal que obriga á recollida separada dos residuos de tipo orgánico dende o 31 de decembro de 2023.

Como consecuencia do noso modo de vida e das pautas de consumo, producimos unha maior cantidade de residuos que requiren tratamentos axeitados e sostibles co medio ambiente. A implantación do contedor marrón permitirá verter neles residuos de procedencia orgánica, principalmente comida e restos de poda e de plantas que permitirán obter fertilizante de calidade.


Publicidade

Os residuos orgánicos depositados no contedor marrón serán recollidos polos servizos municipais, cunha frecuencia de 3 días no inverno e de 6 no verán, e transportados a unha planta de tratamento biolóxico, onde será transformados en compost ou biogás.


Publicidade

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Igrexas, participou na entrega dos contedores que serviu de inicio dunha campaña de asesoramento por todos os locais participantes co obxectivo de lograr reducir á mínima a presenza de residuos impropios.


Publicidade

A implantación do contedor marrón conta co apoio da Xunta de Galicia e coafinanciación da Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia NextGenerationEU.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page