Laura Moure/Melide
Familiares, amigos e o pobo de Melide e dos arredores despediron hoxe a todo un referente neste municipio e nos límitrofes. Este domingo, 7 de xaneiro, deixábanos Juan José Rodríguez Mariño, da mítica Casa Juanito, aos 88 anos de idade.
Publicidade
Este luns tivo lugar o funeral na igrexa parroquial de San Pedro de Melide e a continuación recibiu sepultura no cemiterio municipal do Castelo
Publicidade
Casa Juanito é un negocio con gran historia que abriu as súas portas en 1910 e xa pasaron catro xeracións conservando a súa localización orixinal, situada na rúa Mestre Mateo Segade Bugueiro.
É un establecemento moi concurrido polos amantes do de toda a vida e da boa calidade e sobre todo, moi concorrida durante o Nadal para comprar o mellor bacallau ou todo o relacionado coa matanza do porco. No ano 2013 a traxectoria deste negocio fora recoñecida pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, no marco da campaña A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia, da que esa semana fora protagonista o Centro Comercial Aberto Asetem.
Publicidade
E a alma daquel negocio era Juanito, alguén que quedará sempre vivo na historia do seu local e na memoria de moitos os melidenses.
D.E.P.
Comments