María José Gómez visita o IES de Palas, polo programa de reparto de froita fresca, leite e castañas
- Laura Moure

- hace 22 horas
- 2 Min. de lectura
A conselleira de Medio Rural resalta que este centro é un dos beneficiarios
desta liña de achegas que neste curso 2025/2026 conta cun orzamento de algo máis
dun millón de euros
Laura Moure/Palas de Rei

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou onte o IES do Camiño, no concello de Palas de Rei, un dos centros educativos beneficiados polo programa de reparto de froita fresca, leite e castañas impulsado polo seu departamento. Gómez, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, Pablo Taboada, explicou que o obxectivo desta iniciativa é potenciar o consumo de alimentos sans entre os nenos e a mocidade, co fin de crear hábitos alimenticios saudables que poidan desenvolver durante a súa etapa de crecemento para poder mantelos na súa vida adulta.
Para o presente curso 2025/2026 convocouse unha liña de achegas específica cun orzamento de algo máis dun millón de euros, á que poden acollerse todos os centros
escolares de Galicia, incluíndo a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a
formación profesional de grao medio.
Publicidade
Así, os centros beneficiados poderán gozar de dous períodos de distribución, un que
abrangue ata febreiro de 2026 e outro entre os meses de marzo e xuño. En cada un
destes períodos a froita e as castañas distribúense durante 10 días lectivos consecutivos;
mentres que o leite se reparte durante un mínimo de 10 días.
Publicidade
Neste curso estanse beneficiando desta acción un total de 297 centros de toda Galicia, o
que implica a uns 80.000 alumnos. De xeito máis concreto, María José Gómez destacou
que só na provincia de Lugo hai 38 centros participantes, o que permite repartir alimentos
saudables entre uns 7.500 nenos e mozos lucenses.








Comentarios