top of page

María José Gómez destaca en Monterroso a aposta da Xunta por reforzar a remuda xeracional no agro

A conselleira de Medio Rural visitou a explotación Avícola Outoniño impulsada por dúas persoas mozas que se incorporaron ao agro a través das achegas convocadas pola Xunta


Laura Moure/Monterroso

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Agricultura, Gandaría e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou onte a explotación Avícola Outoniño, situada no concello de Monterroso, impulsada por dúas persoas mozas que se incorporaron ao agro a través das achegas convocadas por Medio Rural.

Neste contexto, María José Gómez destacou a aposta da Xunta por reforzar a remuda xeracional no agro. A maiores das axudas de incorporación, os mozos propietarios desta explotación recibiron unha achega para desenvolver o seu plan de mellora, o que lles ofreceu a oportunidade de construír unha nova nave avícola dotada de todas as instalacións necesarias, cunha superficie total de preto de 2.700 metros cadrados, o que lles permite ter unha capacidade máxima para máis de 36.000 prazas.


Gómez explicou que este tipo de convocatorias propiciaron a incorporación á actividade

agrogandeira de máis de 5.000 mozos e mozas dende o ano 2009. Estas chegas enmárcanse no Plan de Remuda impulsado pola Consellería que inclúe, ademais destas

partidas orzamentarias, outras ferramentas con grandes beneficios para o rural.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Unha delas é o Banco de Explotacións, que favorece o contacto entre titulares de

explotacións que cesan -ou van cesar- a súa actividade e interesados en asumir a súa

xestión, ben sexa a través da compra ou de arrendamento. Esta iniciativa verase

fomentada este ano cun investimento específico de 2,1 millóns de euros ata 2029.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por outra banda, a titular de Medio Rural puxo en valor o programa de titorización e

asesoramento, que dende a súa posta en marcha no ano 2024 beneficiou xa a un total de

544 persoas beneficiadas previamente coa axuda para a incorporación. Con el ofréceselle

aos mozos incorporados atención e acompañamento durante o seu proceso de

incorporación. Os encargados de prestar este servizo foron, ata o momento, 48 titores,

profesionais das oficinas rurais dependentes da Xunta. O programa terá continuidade este

ano e veu duplicado o seu orzamento, ao pasar de 400.000 euros en 2025 a 850.000

euros nesta anualidade.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Xa para rematar, destacou a aposta pola formación da rama agraria da Consellería do

Medio Rural. Un compromiso que se plasma a través do impulso aos seis centros

dependentes da Consellería, nos que neste curso 2025-2026 se matricularon 566 alumnos

e alumnas, un 9 % máis que no curso anterior.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page