Martes e 13... nin te cases, nin te embarques!
Laura Moure/Xeral

Eres supersticios@? Hoxe é martes e 13. Algunhas culturas relacionan este día coa mala sorte. Pero por que?
Marte é o Deus romano da guerra e está asociado co planeta vermello, o da destrución, a sangue e a violencia. Ademais, a lenda conta que foi nun martes 13 cando se produciu a confusión de linguas na Torre de Babel, motivo polo que existen os distintos idiomas.
Refráns:
En trece e martes, nin te cases, nin te embarques, nin vaias a ningunha parte.
Nin o martes trece é tan feo, nin o catorce de febreiro é tan bonito.
Como o apóstolo 13, come e desaparece.
Ti sabes algún máis?
Santa Lucía
E falando de refráns temos que mencionar que hoxe ademais, celébrase Santa Lucía (Parabéns a todas as Lucías!!!) e sobre esta data tamén fai referencia o refraneiro.
Cando chove por Santa Lucía, non hai sardiña.
Por Santa Lucía merma a noite e medra o día.
Por Santa Lucía medran os días o paso dunha galiña e por Santo Tomás un pasiño máis.








Comentarios