Distintos colectivos levan a cabo unha acción conxunta en defensa dos dereitos humanos, da biodiversidade, os ecosistemas, a defensa do territorio, a auga e a vida
Ecos da Comarca/Xeral
O MANIFESTO:
O 22 de xullo é o día de acción cidadá e de asociacións medioambientais en contra da megaminaría. Nace en 2009 a partir da iniciativa de activistas de México e Canadá, a raíz dos triunfos xurídicos do “Frente Amplio Opositor a la Minera San Xavier por la defensa del Valle de San Luis Potosí” e en contra da destrución de Cerro de San Pedro, zona natural de México, e para concienciar as poboacións e as nacións dos efectos nocivos da actividade mineira no medio ambiente, así como sobre as insalubres condicións de traballo, escravitude e traballo infantil que aínda perviven en moitos lugares do mundo no marco desta actividade.
A minaría ocasiona danos permanentes nas terras, os ecosistemas; contamina as augas
superficiais, zonas húmidas e augas subterráneas; ocasiona deforestación indiscriminada en zonas verdes e danos na flora e fauna das superficies explotadas.
Este vídeo está realizado por Valentina Leduc e Juan Carlos Rulfo coa música de Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro
Os efectos da minaría afectan gravemente a calidade de vida das persoas das comunidades locais e poñen en risco a súa saúde. A actividade mineira supón perda do hábitat, terras e modo de vida das poboacións afectadas e as que estreman con elas; utiliza nos seus processos substancias químicas que, non só xeran danos no medio natural, senón que tamén son a orixe de enfermedades nas persoas que traballan e viven nese ambiente. Utiliza bens básicos como a auga e a electricidade afectando a súa dispoñibilidade para a cidadanía a favor das empresas.
O impacto socioeconómico e ambiental que ocasiona a minaría nas zonas naturais e os efectos negativos na calidade de vida dos habitantes locais son permanentes e, en moitas ocasións, totalmente irreversibles. A minaría segue o mesmo patrón en calquera lugar do mundo, en todos os continentes, com instalacións con elevados riscos para a seguridade e leis que sempre lle son permisivas, sem que as empresas mineiras cheguen a pagar realmente as consecuencias e os danos humanos e ambientais ocasionados. Podemos lembrar Brumadinho en 2019 (Minas Gerais, Brasil) e Aznalcóllar en 1998 (Sevilla,España).
A actividade mineira vulnera en moitos lugares do mundo, en pleno século XXI, dereitos básicos á protesta, á vida e os Dereitos dos Pobos Orixinarios, perpetuando o colonialismo, o traballo en condicións próximas á escravitude, incluíndo o traballo infantil, e creando dependencia das multinacionais, que se volven propietarias dos territorios. Aínda seguen sendo asasinadas persoas defensoras do seu territorio e medios de vida.
Baixo discursos ecolóxicos e de sostibilidade, facendo uso de grandes campañas publicitarias e patrocinios, as compañías mineiras disfrazan o seu discurso falando de enerxías renovables, aire limpo e empregos novos para enmascarar as consecuencias negativas da súa actividade.
Publicidade
Este ano queremos realizar unha chamada de atención para repensarmos o modelo de vida extractivista e apostar pola promoción da denominada minaría urbana, pola recuperación e a reciclaxe de metais, pola redución do consumo e o decrecemento. Apostamos pola protección e promoción de sectores estratéxicos como a agricultura, gandería e pesca extensivas, a produción de alimentos e o mantemento e coidado dos nosos bosques, a auga e a biodiversidade.
Reclamamos e esiximos aos gobernos de todo o mundo a creación de políticasn económicas e de desenvolvemento que non dependan do crecemento extractivista e pedimos a protección das persoas e os seus medios de vida fronte aos abusos dos que pretenden usurpar os territorios para o extractivismo.
Este manifesto é subscrito por:
• ALCONCHEL SIN MINAS- COMARCA DE OLIVENZA SIN MINAS (Estremadura)
• AMA CÁCERES (Estremadura)
• AMIGAS DA TERRA
• ANDALGALÁ (Arxentina)
• ASAMBLEA POR LA VIDA VIDA DE CHILECITO Y MUJERES DEFENSORAS DEL AGÜITA DEL FAMATINA (Arxentina)
• ASAMBLEA EL ALGARROBO- ANDALGALÁ, CATAMARCA (Arxentina)
• ASOCIACIÓN ASCV ALARMA TERRA DE MONTES (Galiza)
• ASOCIACIÓN CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL TRALAPENA (Galiza)
• ASOCIACIÓN PLATAFORMA CÍVICA ALCALABOZA VIVA (Huelva)
• COLECTIVO VOCES ECOLOGISTAS COVEC (Panamá)
• COODINADORA GALEGA DE ONG (Galiza)
• ECOLOGISTAS EN ACCIÓN
• ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Andalucía)
• ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Aragón)
• ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Asturies)
• ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Estremadura)
• ECOLOGISTAS EN ACCIÓN (Sevilla)
• FEDERACIÓN GALEGA ECOLOXISTAS EN ACCIÓN (Galiza)
• FUNDACION MONTESCOLA (Galiza)
• GUARDIANXS DEL TERRITORIO (México)
• JÓVENES EN DEFENSA DE LOS TERRITORIOS DE ARGENTINA
• MANU CHAO
• MASSVIDA (Honduras)
• MOVIMIENTO ANTINUCLEAR DEL CHUBUT (Arxentina)
• MOVIENTO PANAMÁ VALE MÁS SIN MINERÍA MPVMSM (Panamá)
• MUJERES ORIGINARIAS Y DE ASAMBLEA DE CHUBUT (Arxentina)
• MUJERES WAYUU (Colombia)
• NO A LA MINA (Arxentina)
• NO A LA MINA DE CAÑAVERAL (Estremadura)
• NO A LA MINA DE GILICO DE CEHEGIN (Murcia)
• NO A LA MINA EN EL VALLE DEL CORNEJA (Ávila)
• ORGANIZACIÓN TERRITORIAL MALALWECHE PUEBLO MAPUCHE (ArxenƟna)
• ORO NO (Asturies)
• PLADEMAR MUROS-NOIA (Galiza)
• PLATAFORMA AFECTADOS POR LOS METALES PESADOS SIERRA MINERA CARTAGENA-LA UNIÓN (Murcia)
• PLATAFORMA CIUDADANA SIERRA DE MORÓN (Andalucía)
• PLATAFORMA CONTRA LA MINA A CIELO ABIERTO DEL NE SEGOVIANO (Segovia)
• PLATAFORMA FUTURO EN COMÚN
• PLATAFORMA NO A LA MINA EN LA SIERRA DE YEMAS (Ávila)
• PLATAFORMA VECIÑAL MINA TOURO-O PINO NON (Galiza)
• PLATAFORMA ZONA VILLUERCAS OESTE (Estremadura)
• RADIO TEMBLOR
• SALVEMOS LA MONTAÑA (Estremadura)
• SALVEMOS LAS VILLUERCAS (Estremadura)
• SIERRA DE GATA VIVA (Estremadura)
• SOS SUIDO-SEIXO MINA ALBERTA NON (Galiza)
• VERDEGAIA (Galiza)
• VIDA E RÍA, OU MINARÍA? (Galiza)
• VOZ A LAS RESISTENCIAS CDMX (México)
Camiñando por un #futuroencomún contra a minería, dicimos #nonámina.
Comments