top of page
Foto del escritorLaura Moure

Magreco, a feira de maquinaria e mercado agrícola de Boimorto, chega a súa 10ª edición o 23 e 24 de marzo

A concorrida poxa de xovencas desenvolverase o domingo ao mediodía


Laura Moure/Boimorto

Boimorto celebrará unha nova edición de Magreco na fin de semana do 23 e do 24 de marzo. A feira de maquinaria e produtos agrícolas celebrará o seu décimo aniversario cunha ampla oferta expositiva e de actividades, na que de seguro a poxa de xovencas tanto de carne como de leite volverá ser unha das citas máis concorridas. Entre as novidades, o sábado Magreco contará cun tallador con motoserra que estará facendo exhibicións durante toda a xornada, ademais de expoñer esculturas feitas con motoserra.


Publicidade

O campo de Rosario de Boimorto volverá acoller durante a celebración de Magreco unha  completísima mostra de maquinaría agrícola, forestal e de xardín, na que profesionais da agrogandería e tamén curiosos poderán coñecer as últimas novidades das principais marcas. Así mesmo, no polideportivo e na súa contorna, todas as persoas que visiten a feira poderán atopar os máis diversos postos de alimentación, artesanía e produtos para o campo.


Publicidade

Por suposto, non faltará en Magreco 2024 a exposición de gando vacún. Os animais poderán verse durante toda a fin de semana, aínda que será o domingo cando os gandeiros celebren a súa gran cita na tradicional poxa de xovencas. As asociacións de gandeiros Africor, que coordinará a poxa dos exemplares de raza frisoa, e Acruga, que supervisará a de rubia galega, garantirán que os animais presenten unha calidade xenealóxica e sanitaria excepcional para satisfacer aos gandeiros que queren mellorar as súas explotacións. Para rematar o acto, sortearase entre os asistentes 200 euros, un lote de produtos da feira e unha das esculturas de madeira feitas o sábado coa motoserra.

A feira e o mercado completaranse cun programa de actividades para que toda a familia poida gozar da súa visita a Magreco e mesmo queden durante toda a xornada. Así, quen queira xantar na feira poderá facelo na pulpería e nos diferentes postos de comida e foodtrucks dispoñibles, que nesta edición medrarán en cantidade atendendo á demanda do público.


Magreco 2024 pechará o domingo á tardiña cunha actuación musical que se desvelará nos próximos días, ao igual que o horario e a temática de varias charlas de interese para os profesionais do sector agrogandeiro. A cativada, pola súa parte, poderá gozar con diferentes xogos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page