top of page

Mañá, día 25, poderase acceder gratis ao Mosteiro de Carboeiro de Silleda


Laura Moure/Silleda

Como cada ano, para celebrar o Día Nacional de Galicia, o 25 de xullo haberá xornada de portas abertas no Mosteiro de Carboeiro con entrada gratuíta. Este é un dos días do ano no que acceder é gratis, ao igual que tampouco hai que pagar para visitar o Mosteiro os días 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e o 10 de agosto, Día de San Lourenzo, a quen está adicado o cenobio.


Publicidade

O Mosteiro de Carboeiro segue a ser un dos lugares máis visitados da comarca de Trasdeza. O horario de verán (meses de xullo e agosto) é de luns a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.

A partir do mes de setembro o mosteiro abrirá de mércores a domingo de 11:00 a 14:30 e

de 16:30 a 19:00 horas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page