Mércores de Cinza... e ti gardas a vixilia?
- ecosdacomarca
- 22 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Hoxe celébrase Mércores de Cinza e comeza na relixión católica e cristiá a época de Cuaresma, o período de seis semanas de penitencia antes de Pascua. Tanto hoxe como todos os venres ata Semana Santa non se debe comer carne.

A Cuaresma que ten unha duración de 40 días é época de xaxún (ayuno) rememorando os 40 días que Jesús estivo no deserto. Segundo a Biblia, durante este tempo, Jesús estivo en xaxún e de aí que durante este tempo os católicos tamén o practican e sobre todo evitan comer carne.
Bula
Sen embargo, para os que tiñan cartos esta apenas lles afectaba porque había a coñecida como bula, que permitía levar o periodo de cuaresma dunha forma menos rigurosa e á igrexa supoñíalle un importante beneficio económico. O prezo da bula ía de 50 céntimos hasta 10 pesetas, dependendo do nivel económico do comprador.
E ti... gardas a vixilia?
Comments