top of page

Máis dun Salvador Dalí paseouse este venres de Entroido polo centro de día de Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Os integrantes do centro de día de Palas de Rei celebraron este venres de Entroido cunha xornada festiva disfrazados do pintor de arte contemporáneo, Salvador Dalí. Para isto, eles mesmos prepararon os seus traxes e acondicionaron o local e o coche, un traballo ó que se levan dedicando dende finais de decembro nunhas xornadas de manualidades.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Neste día festivo de Entroido desfrutaron deses trazos, da brocha ó estilo surrealista que máis caracterizou ao artista Dalí, ambientados con sesión de baile e karaoke que os axuda a súa peculiar inspiración pictórica.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A degustación dun gran cocido axudoulles a repoñer forzas e o luns terán un taller creativo de doces de Entroido e a merenda acompañarana cunha chocolatada.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page