Máis dun milleiro de participantes na carreira 'Os 21 do Camiño' que se disputou por Palas e Melide
- Laura Moure
- 19 jun 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei/Melide
Palas e Melide congregaron a un número importante de persoas este sábado con motivo da carreira Os 21 do Camiño. A proba, unha das mellores de España segundo a revista especializada Runedia, contou con máis de 1.000 participantes inscritos.

Tal e como indica o Concello de Palas de Rei, esta localidade ateigouse de seguidores que quixeron ver partir aos seus corredores favoritos. "Ao redor dunhas 5.000 persoas circulaban polas rúas desta vila ulloana que colgou o cartel de completo. Había ganas de correr, palpábase no ambiente. E un ano máis os corredores partían da Praza do Concello, tras facer un percorrido polas principais rúas da vila, adentrábanse no coñecido como Paseo do Colesterol, para logo, entrar no Camiño de Santiago, a altura do Carballal, dándolle continuidade ata Melide".
Nesta proba que une a corredores profesionais con afeccionados e locais, cabe destacar, que unha das novidades desta edición, foi a incorporación a participación dun grupo de corredores cun gran nivel e moi boas marcas de tempo chegados dende Kenia e Marruecos que ampliaba o nivel de competencia polos primeiros postos do podio.
Os resultados no seguinte enlace:
Comments