"Esta trixésima edición recuperou totalmente a normalidade e mesmo superou todas as expectativas”, recalca o tenente de alcalde, Julio López
Laura Moure/Vila de Cruces
As festas gastronómicas sempre teñen unha gran a acollida e cando fai bo tempo, o éxito está máis que asegurado. E isto foi o que pasou hoxe en Vila de Cruces. Este municipio celebrou a súa XXX Festa do Chourizo. A gran afluencia de xente fixo que en apenas dúas horas se cosumise practicamente a totalidade do produto estrela, tal e como informa o Concello.

O tenente de alcalde e responsable de Cultura e Turismo, Julio López, recalca “que está claro que esta trixésima edición recuperou totalmente a normalidade e mesmo superou todas as expectativas”. De feito, López xa tiña previsto a gran afluencia de comensais polo que reforzou a existencias doutros anos nun 50% máis, polo que se consumiron 750 unidades de chourizos, acompañados de pan e bebida, "sendo está a mellor referencia para asegurar que este ano foi o que contou con máis afluencia, incluído unha peña de motoristas que decidiu n acompañar aos veciños e veciñas de Cruces", resalta López.
Na festa ademais, púidose gozar dunha sobremesa excepcional como son as filloas, que nesta ocasión foron elaboradas á pedra, por “Molina, o catedrático da filloa”. "Un complemento perfecto que degustaron tanto os máis novos como os maiores, que non quixeron perderse a oportunidade de probalas".
A música, por suposto tampouco faltou e o evento estivo amenizado por Vainela de Salgueiros.
Kommentare