top of page

Luis Vilariño pelexará polo título nacional no CERA

O piloto de Palas de Rei disputará a Copa de España de Rallies de Asfalto co seu

Skoda Fabia R5 co título como obxectivo


Laura Moure/Palas de Rei

Luis Vilariño regresa ao nacional esta tempada, participando nas seis roldas da Copa de España de Rallies de Asfalto. Para esta tempada, contará coa súa Skoda Fabia R5 equipado con pneumáticos Hankook, e terá ao galego David Míguez e ao asturiano Enrique Velasco, como copilotos.

O certame nacional arrincará a mediados de abril no Rallye de La Llana, con epicentro na localidade xerundense de Ripoll, tras a cita catalá, virá o Rallye Ciudad de Narón, onde Vilariño xa subiu ao podio fai un par de tempadas. Tras estas dúas citas o equipo poñerá rumbo a Tenerife, para competir no Rallye Villa de Adeje a finais de xuño.


Publicidade


Despois dun mes de descanso, o Rallye Cristián López de Sarón será o que retome a acción a principios de agosto, mentres que o Rallye da Vendima e o Rallye da Nucía serán os encargados de pechar unha tempada que promete ser prometedora para o Vilariño Team.

Publicidade

O palense está entusiasmado con este novo asalto ao nacional: “Nas últimas semanas conseguimos pechar o orzamento necesario para competir no CERA, un certame no que competimos no pasado e onde esperamos poder pelexar polo título a final de tempada. Este ano, ademais, hai outra cuestión importante, é publicamente sabido que son parte de ImpulsaRFEDA, un proxecto capitaneado por Carlos Márquez e que aspira a gañar as eleccións á RFEdeA. Isto significa que, se gañamos e Carlos proponme asumir algún posto de responsabilidade no seu equipo directivo, esta tempada 2024 será a última na que competirei, pois uno non pode ser xuíz e parte e a imparcialidade é clave no programa de ImpulsaRFEDA. Cando me unín ao devandito proxecto, este foi un dos acordos que asumín persoalmente con Carlos."


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page