top of page

Luis López contrapón "a aposta do PP polos Servizos Sociais en Deza e Tabeirós, con 10,4 millóns de euros anuais transferidos pola Xunta, fronte á “pobreza social” de PSOE e BNG"

Ecos da Comarca/Deza

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, contrapuxo, nun encontro cos representantes populares da bisbarra de Tabeirós-Montes, a “forte aposta” do Partido Popular polos Servizos Sociais desde a Xunta de Galicia, cunha achega

anual de 10,4 millóns de euros para estas atencións nesta bisbarra e a de Deza, fronte á “pobreza social” na atención a maiores, dependentes e familias dos modelos que implantan PSOE e BNG nas administracións.

O tamén presidente da Deputación de Pontevedra centrou no contido social, ademais doutras cuestións de campaña, a súa reunión de traballo co alcalde estradense, José López, a voceira forcaricense Belén Cachafeiro, o candidato Gonzalo Louzao e os 18 concelleiros do PP nesta bisbarra.


Publicidade

“Os cidadáns teñen que saber que o 18 de febreiro teñen que elixir entre dous modelos de atención social, o que desprega o PP consolidando e ampliando servizos e orzamentos, e o dunha maior precariedade e pobreza social, que desenvolve o BNG, como se pode ver no Concello de Pontevedra, cos investimentos máis baixos de Galicia nesta materia, e tamén os socialistas nos seus concellos e desde o Goberno de España, cun claro incumprimento financeiro da Lei de Dependencia”, explicou Luis López, que alertou de que esta diminución no eido social pódese estender a toda Galicia se nacionalistas e socialistas están no Goberno galego “polo habitual desleixo e abandono que amosan con estes colectivos”.


O presidente provincial do PP, que anunciou que os populares seguirán incrementando estes investimentos sociais nos oito concellos de Deza e Tabeirós se Alfonso Rueda revalida a presidencia da Xunta de Galicia xa que sostén que “é necesario dado que son as comarcas con maior índice de envellecemento da provincia”, presentou un cadro informativo coas distintas partidas das liñas desta materia das que se benefician os municipios desta bisbarras.

Luis López detallou tamén que os novos Bonos Coidado, o de Fogar -cunha

achega anual de 5.000 euros para persoas dependentes- e o de complemento de

Residencia -cifrado en 1.200 euros-, xa están a beneficiar desde este mes de

xaneiro a 745 veciños de Deza e Tabeirós, dos que 225 son da Estrada, 223 de

Lalín, 93 de Silleda, 73 de Vila de Cruces, 46 de Forcarei, 25 de Rodeiro, 44 de

Agolada e 16 de Dozón .


Publicidade

Ademais, a gratuidade nas 14 escolas infantís e puntos infantís das dúas bisbarras permite financiar un total de 680 prazas neste territorio. Así, o presidente provincial puxo en valor que as políticas sociais e os fortes investimentos nesta materia impulsados polo PP desde a Xunta “permiten atender do mellor xeito e coa máxima calidade a case 1.900 veciños das comarcas, aos que habería que engadir moitos que non reciben estas axudas pero que se benefician de prazas públicas ou concertadas en residencias, Casas do Maior, puntos de encontró familiar ou doutras prestacións e axudas, algo que é de xustiza

para mellorar a súa calidade de vida”.


Publicidade

“O 18 de febreiro temos que elixir entre dous modelos claros, porque o que é medible non é opinable, un de apoio decidido aos maiores, dependentes, cativos familias e persoas en risco de exclusión sostido polo PP grazas ás políticas lideradas por Alfonso Rueda e un de abandono e pobreza social protagonizado por PSOE e BNG”, concluíu López, no seu encontro cos representantes públicos de Tabeirós-Terra de Montes.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page