Localizan sen vida ao veciño de Silleda que desaparecera o día 24
- ecosdacomarca
- 3 jul 2021
- 1 Min. de lectura
Foi atopado preto da casa e todo apunta a morte natural
Ecos da Comarca/Silleda
A última hora desta tarde atoparon ao veciño de A Bandeira (Silleda) que levaba desaparecido dende o pasado día 24. Estaba preto da casa e foi atopado por un veciño. A primeira hipótese apunta a morte natural.

Comments