O orzamento da actuación achégase aos 345.000 euros
Laura Moure/Melide
A Xunta de Goberno local do Concello de Melide aprobou onte a licitación por procedemento aberto simplificado das obras de mellora da pavimentación de varios núcleos da área rural de Melide, entre os que salientan os das parroquias de O Barreiro e San Salvador. As obras forman parte da segunda fase do POS+AD 2/2022 da Deputación da Coruña.

As intervencións, todas elas en aglomerado en quente, localízanse nos seguintes puntos
do termo municipal: acceso ao Mato e ao Barreiro, acceso a Goxán e a Andeán na
parroquia de San Salvador, a pista do Formigueiro na parroquia de Grobas, accesos ao
Vilar e Trasfontao na parroquia de Moldes, acceso a Zaramil pola Martagona, accesos á
Cooperativa e a Rúa Marqués Mariano.
O orzamento desta obra ascende a 344.579,14 euros, incluíndo o IVE.
Comments