top of page
Foto del escritorLaura Moure

Laura Calvo, Gumersinda Isabel Couso e Marta Maceira acadan o XVIII Premio ás Mulleres 'Dna. Maruja Gutiérrez 2024'

A entrega de premios terá lugar mañá ás 20:30 horas no vestíbulo do Concello de Lalín


Laura Moure/Lalín

Laura Calvo Cobela pola Clínica Laura Calvo; Gumersinda Isabel Couso Carballude, mestra xubilada, e Marta Maceira Ansedes resultaron gañadoras do XVIII Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2024, promovido polo Concello, a través das Concellerías de Igualdade e Comercio do Concello de Lalín con motivo do 8 de Marzo “Día Internacional da Muller” e dirixido a distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e profesional das mulleres lalinenses no 2024.

Este premio nace coa finalidade de difundir as achegas das mulleres lalinenses á sociedade, promovendo a transformación de estereotipos sexistas e rachando coas situacións de discriminación por razón de xénero, así como para estimular e recoñecer o esforzo e a traxectoria de mulleres que están desenvolvendo un labor importante e relevante no ámbito da igualdade de oportunidades a fin de que sirva de exemplo para toda a sociedade, especialmente para as novas xeracións de mulleres.


Publicidade


Os ditos premios serán entregados nun acto público que terá lugar o venres, 8 de marzo, ás 20:30 horas, no vestíbulo do Concello e que se enmarca dentro das actividades do Concello de Lalín organizadas con motivo do “Día Internacional da Muller”.


Cómpre destacar que o xurado escolleu as candidaturas gañadoras entre as presentadas no transcurso dunha reunión celebrada o 1 de marzo.


Publicidade

Laura Calvo Cobela, pola Clínica Laura Calvo recibirá o premio na categoría de “Xove Empresaria”. O xurado acordou tamén outorgar o Premio “Dna. Maruja Gutiérrez” na modalidade de “Toda unha vida” á mestra xubilada Gumersinda Isabel Couso Carballude e a Marta Maceira Ansedes, pola empresa Studio78Dance&Fitness na categoría de traxectoria de “Mulleres en movemento”.


O histórico de gañadoras nas 17 edicións suma máis de sesenta mulleres lalinenses recoñecidas co “Dna. Maruja Gutiérrez”.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page