top of page

Lalín rende homenaxe a Laxeiro cunha ofrenda floral

Mañá celebrará o Día de Rosalía de Castro

Asistentes á homenaxe feita a Laxeiro hoxe en Lalín. Foto: Concello de Lalín


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín rendeu hoxe unha homenaxe a un dos seus fillos ilustres, Laxeiro, porque hoxe, 23 de febreiro, celébrase o 113 aniversario do seu nacemento. Este é un dos artistas máis famosos deste municipio que ademais, creou o cartel da Feria do Cocido en 1975 e tamén doutros anos. Varios membros da corporación municipal asistiron ao acto ante a escultura de Laxeiro, que está onda o Museo Municipal Ramón María Aller. Realizouse unha ofrenda floral ao ritmo do himno galego a cargo do gaiteiro Plácido Rozas.


Por outra banda, mañá mércores, ás 13:00 horas celebrará o Día de Rosalía diante do monolito desta escritora que hai no Parque de Loriga. Cabe mencionar que desta escritora pódese visitar unha exposición ata finais de marzo na biblioteca municipal.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page