top of page

Lalín anuncia as gañadoras dos Premios Maruja Gutiérrez 2021 en conmemoración ao Día da Muller

Elas son Eva Fuentes Senra, Verónica Lançao, Natalia González Coego, Rocío Fernández González e María Eva Paz Aguiar


Salón Teatro de Lalín onde terá lugar a entrega dos premios o luns.


Laura Moure/Lalín

Lalín xa ten o nome das gañadoras do XV Premio ás Mulleres Maruja Gutiérrez, promovido polo Concello, a través das Concellerías de Igualdade e de Comercio, e que convoca co motivo do Día Internacional da Muller.


Eva Fuentes Senra, da Gandeiría Xoco S.C., recibirá o premio na categoría de Xove empresaria.


Mentres que Verónica Ledo Lançao e Natalia González Coego, na categoría de Empresaria innovadora, pola empresa Educalecrín S.C.


Na modalidade de Mulleres en Movemento a galardonada é Rocío Fernández González, recentemente recoñecida como “Joven Ferretera de España 2020” e colaboradora con entidades locais como Carabelo, O Mencer, Aranes, Aspadeza, Fundación Amigos de Galicia, entre outras.


E María Eva Paz Aguiar, do Bar Rosaleda, é a gañadora na modalidade de traxectoria profesional Toda unha vida.


Presentouse unha decena de candidaturas. Cabe mencionar que para poden optar a estas distincións teñen que ser empresarias con independencia da forma xurídica do seu negocio e con domicilio social en Lalín, así como mulleres e asociacións ou colectivos que destaquen pola súa traxectoria tanto profesional como persoal ou o seu campo social.


O Salón Teatro acollerá ás 20:00 horas a entrega dos premios o vindeiro luns, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page