Teatro e música serán os grandes protagonistas

O Salón Teatro de Lalín.
Laura Moure/Lalín
Tras a entrada en vigor das novas medidas para frear a pandemia e debido a que Lalín está no nivel mínimo de limitacións, o Concello de Lalín informou hoxe de distintos eventos culturais que arrancarán esta fin de semana e se prolongarán ata o mes de abril.
Este domingo, día 28, ás 12:00 horas haberá pasarrúas a cargo dos Zancudos Benito e Rufina.
O domingo 7 de marzo ás 18:00 horas o Salón Teatro acollerá O pozo das señoras con Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Está dirixida ao público familiar. É unha actividade enmarcada no Día Internacional da Muller. E as 12:30 e ás 17:00 horas haberá pasarrúas coa charanga Leña Verde.
O sábado 13 o Salón Teatro será o escenario de Píscore, Concerto Con Fusión. Será ás 20:00 horas.
Mentres o venres 19 de marzo, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón Teatro, para adultos, Bravas con Isabel Risco e tamén está enmarcada na celebración do Día Internacional da Muller.
O sábado 20, ás 20:00 horas, no museo municipal Iria e Diego ofrecerán un concerto acústico.
O sábado 27, tamén no museo e ás oito da tarde, terá lugar o concerto Nós.
O domingo 28 de marzo, ás 12:30 e ás 17:00 horas, a música en pasarrúas correrá a cargo da charanga Ardores.
O sábado 10 de abril ás 12:00 horas terá lugar o concerto itinerante Batukada. E ás oito da tarde no museo será a presentación e concerto do Cancioneiro de Botóns de Carlos Quintá e Pedro Pascual.
O sábado 17 de abril, ás 20:00 horas, o Salón Teatro acollerá As pombas de Carboeiro de Fantoches Baj e a Banda de Lalín. É un acto onde se mistura a música e o teatro e está dirixido aos maiores de 12 anos.
O sábado 24 ás oito da tarde o Salón Teatro acollerá o talento da Agrupación Folclórica A Carballeira de Cercio.
O domingo 25 ás 19:00 horas tamén no Salón Teatro actuará a Orquesta de Corda de Lalín, dirixida por Inara Vecbastika.
Por último, o venres 30 de abril ás 20:00 horas o museo municipal será o escenario do concerto de saxos de Lalín Eurice Quartet.
Todas estas actividades levaranse a cabo seguindo un prottogo adaptado á situación sanitaria provocada pola Covid-19
Comments