Deben seguirse todas as medidas de prevención fronte á Covid-19
Laura Moure
Tras reducirse as limitacións nos concellos as feiras, con postos variados, volven a moitos municipios. Hoxe foi a quenda da de Lalín, como cada 3 de mes, que estivo marcada polo bo tempo. E tamén regresan esta semana a de Vila de Cruces e a de Touro.
A de Vila de Cruces celebrarase mañá, como cada día 4. O equipo de goberno cruceño informou que se realizará con todos os postos: textil, alimentación, etc. E incide que será obrigatorio cumprir coas distancias de seguridade e hixiene precisas. "Apelamos á responsabilidade individual de cada un", recalca o Concello.
E o venres, día 5, volverá a de Touro, tal e como apunta o Concello. Terá lugar a venda prioritaria de produtos alimentarios e de primeira necesidade. Os postos estarán separados cunha distancia de dous metros e non poderán superar o 50% dos habituais ou autorizados e limitarán a afluencia de xente de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade, xa que seguiranse todas as medidas fronte á Covid-19.
Comments