Incendio na planta baixa dunha vivenda unifamiliar no municipio de Monterroso
- IsmaelRS

- 23 jun 2022
- 1 min de lectura
IsmaelRS/Monterroso

Ás 12:30 horas desta mañá produciuse un incendio na planta baixa dunha vivenda unifamiliar, situada na parroquia de Ligonde, en Monterroso.
A voz de alarma deuna un particular que se atopaba nas inmediacións do inmoble, e tras ver a cantidade de fume que saía da planta baixa, chamou ao 112 Emerxencias, alertando tamén de que no interior da vivenda había unha persoa maior, e solicitaba asistencia para ela, segundo comenta o 112 a este medio, non se viu afectado polo lume, senón que estaba moi nervioso, debido o incendio.
Con estes datos, o 112 Emerxencias puxo estos feitos en coñecemento dos medios sanitarios, dos bombeiros de Chantada, do GES de Monterroso, da Garda Civil e do Equipo Municipal de Protección Civil.
As últimas noticias que temos, cóntanos que os danos son só materiais e afectaron exclusivamente a esta planta baixa.







Comentarios