A Garda Civil investiga a tres personas como autores dun delito de tráfico de
drogas
Ecos da Comarca/Lalín
Membros do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín investigaron a tres persoas por tráfico de drogas, dedicadas á introdución de substancias estupefacientes no interior de centros penais. Co motivo da celebración en Lalín o pasado mes de maio do Torneo de Futbol 7 de Intercentros Penais organizado pola Real Federación Española de Futbol, membros do Posto da Guaria Civil de Lalín, en funcións de seguridade cidadá no Campo de Futbol “Anxo Carro”, durante un dos encontros, detectan unha actitude sospeitosa de tres persoas ao redor dun dos banquillos, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Publicidade
Sometidas estas persoas a unha discreta vixilancia, nun momento dado depositan unha chaqueta no banquillo ocupado polo Equipo do Centro Penal de Monterroso e abandonan rapidamente o campo de fútbol.
Unha vez intervida a chaqueta, un dos seus petos contiña unha bolsa con catro bólas de hachís envolvidas en papel filme transparente, disposta para unhas 350 doses por un valor de 2.175 euros.
O operativo concluíu coa investigación de dúas mulleres de 32 e 43 anos de idade e un home de 34 anos de idade, todos eles veciños de Vilanova de Arousa, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas. Os investigados xunto á droga intervida foron postos ao dispor do Xulgado de Garda de Cambados.
consumese moito tema de droga dura xa en Galicia hachis e estupefacientes e os temas de drogas sinteticas xa non se pode sair por ahi a disfrutar coma antes creo eu onde habia xente sana desde meu punto de vista demasiado consumidor de fin de semana e de seman que esta enganchado a todo colocarse é a clave , menudo pais temos de vicio