Tamén identifican a dúas persoas en relación ás pintadas no muro exterior do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira
Laura Moure/Silleda
A Policía Local de Silleda denunciou en días pasados a un grupo de sete persoas (incluída unha menor de idade) que estaban a realizar un “botellón” no Castro de Toiriz, incumprindo entre outros a normativa sanitaria actual.
Así mesmo, tamén ao longo desta fin de semana os axentes, realizando as correspondentes visitas de comprobación, impuxeron denuncias a establecementos hostaleiros por exceder o aforo permitido no exterior.
Por outra banda, nos últimos días logrouse identificar a dúas persoas en relación ás pintadas no muro exterior do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, que xa foron eliminadas polo personal municipal.

Castro de Toiriz
Autor: Turismo Rías Baixas
Comments