Lalín rexistra un maior número destes animais, seguido de Arzúa e Rodeiro
Laura Moure/IsmaelRS/Xeral
A comunidade galega destaca polo seu número de vacas. E de feito, hai municipios onde estas superan a súa poboación. Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estadística (IGE), referentes ao ano 2020, a comarca de Deza é a que rexistra maior cantidade con 42.107. Séguelle Arzúa (20.685) mentres que as dúas restantes teñen uns valores moi parecidos. Terra de Melide rexistra 14.690 e a da Ulloa, algo menos, 14.000 en total.
Os datos debullados por comarcas son os seguintes:
A Comarca de Arzúa: Rexistra 20.685 vacas (Arzúa ten 9.105, Boimorto conta 3.948, O Pino, 3.272 e Touro contabiliza 4.360).
A Comarca de Deza: É a que ten maior cantidade, xa que hai 42.107. Agolada contabiliza 3.207, Dozón, 3.839, Lalín rexistra 15.012, Rodeiro, 8.947, Silleda, 7.454 e Vila de Cruces conta con 3.648.
A Comarca Terra de Melide: Ten un total de 14.690. Melide rexistra 3.991, Santiso, 2.864, Sobrado dos Monxes conta con 4.930 e Toques, 2.905.
A Comarca da Ulloa: Hai un total de 14.000 vacas, tendo Antas de Ulla, 2.352, Monterroso, 4.447 e Palas de Rei, 7.201.
Se comparamos o número de vacas coas persoas empadroadas vemos que estes animais superan a poboación nunha ducia de concellos das Comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e a Ulloa. Só hai máis veciños ca vacas no Pino, Melide, Lalín, Silleda e Vila de Cruces.
Desta maneira como sería o reparto destes animais por veciños? A Arzúa corresponderíalle 1,5 vacas por habitante; a Boimorto, dúas, ao O Pino 0,7 e a Touro,1,2.
En Deza a distribución quedaría: Agolada (1,4), Dozón (3,6), Lalín (0,7), Rodeiro (3,7), Silleda (0,8) e Vila de Cruces (0,7).
Se nos imos á comarca Terra de Melide a cada melidense tocaríalle media vaca, a cada veciño de Santiso, 1,8; Sobrado dos Monxes tería por habitante 2,8 e Toques, 2,6.
Por último, o reparto na Ulloa sería así: Antas de Ulla e Monterroso 1,2 respectivamente e en Palas de Rei, algo máis, 2,2.
Fonte: IGE e INE
Comments