Estes premios recoñecen ás mellores firmas do ecosistema biotecnolóxico da comunidade autónoma en 2022
Laura Moure/Palas de Rei
O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga), co respaldo da Xunta, a través da Vicepresidencia Primera e a Axencia Galega de Innovación, entregou o pasado venres, 20 de xaneiro, os seus “X Premios Bioga”. E entre os galardoados, está a Granja Campomayor, ubicada en Palas de Rei, como BioEmpresa Innovadora. Esta é unha firma de producción de ovos de referencia no ámbito nacional e estes premios recoñecen ás mellores firmas do ecosistema biotecnolóxico da comunidade autónoma en 2022.

A Gala dos “X Premios Bioga” tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia, na cidade de Vigo, tal e como informa o Concello palense. Os Premios Bioga, na súa décima edición, “seguen mantendo o espíritu de incentivar o impulso e o desenrolo de iniciativas biotecnolóxicas e recoñecer ás empresas máis competitivas e innovadoras”, segundo destacou o vicepresidente de Bioga, José Manuel López Vilariño.
Granja Campomayor, destaca pola súa aposta no I+D, a través dunhas instalacións no rural galego, e gañou o premio BioEmpresa Innovadora pola “destacada porcentaxe de facturación e recursos humanos dedicados a actividades de I+D+i e por a súa intensa participación en procesos de transferencia tecnolóxica, dende a licencia da tecnoloxía ata a súa comercialización”. O xurado tamén valorou a súa aposta pola “hibridación coa biotecnología, incluíndoa nos procesos produtivos e xerando, a través dela, produto de alto valor engadido”. A encargada de recoller o galardón foi María García Busto, CEO de Granja Campomayor.
Comments