top of page

Gran éxito das tapas que organizan seis locais de hostalaría de Palas de Rei

Os interesados poderán degustarlas ata este sábado


Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

Dúas das tapas destas xornadas en Palas. Autor: Ecos da Comarca.

Seis locais hostaleiros de Palas de Rei están levando a cabo unha ruta de tapas dende o o día 27 ata hoxe, sábado, día 30. Son Arenas, Xaniño, Reloxería, Curro, Casa do Outeiro e Quinto Carallo.


Publicidade

Nas xornadas de tapas, cada establecemento participante presenta dúas tapas saladas e unha doce que entrarán nun concurso de tapas de Nadal, con diferentes propostas, orixinais e innovadoras destas datas.


ECOS DA COMARCA ESTIVEMOS ALÍ E PROBÁMOLAS:

O vídeo no enlace:


Publicidade

Nos citados establecementos, os clientes póden adquirir unha cartilla por valor 5 euros que dá dereito a unha tapa por establecemento. Nos seis establecementos participantes no concurso de tapas, se o cliente esgota a cartilla sellando nos seis participantes (consumindo seis tapas) entra no sorteo de 6 ceas para dúas persoas nun deses locais participantes.


Publicidade

Os organizadores da iniciativa animan a cidadanía a participar e degustar as creacións gastronómicas do concurso.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page