top of page

Gran éxito do programa Trasdeza pinta o Camiño, que continuará cun foro e a exposición das obras

Preto de 30 persoas participaron nas rutas guiadas


Laura Moure/Silleda

Este sábado celebrouse en Silleda unha das xornadas centrais do programa Trasdeza pinta o Camiño, promovido polo Concello de Silleda dentro do programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, para poñer en valor o Camiño ao seu paso polo municipio, cas artes plásticas como eixo transversal. Seis pintores e pintoras locais inmortalizaron en cadanseu emprazamento monumentos e paisaxes do Camiño, ao seu paso por Silleda, elixidos previamente polos escoles dos catro centros educativos do municipio baixo diferentes criterios (importancia histórica, beleza paisaxística, calidade ambiental, estado de conservación...)


A xornada comezou na emblemática Ponte Taboada, sobre o río Deza, onde traballou Vanesa Barcala Morais, ca saída dos participantes nas rutas guiadas que complementaron esta actividade, con catro tramos diferenciados e acompañados de guías oficiais de Galicia. Trasfontao, con Marisa Miguélez; o núcleo tradicional de O Foxo, pintado por Adrián Penido; o Candán visto dende San Fiz, a cargo de David Bibián, e xa pola tarde, a capela do San Brais inmortalizada por Luchi López Brea e a igrexa románica de San Martíño de Dornelas, da man de Juan Liñares, completaron o listado de enclaves protagonistas das obras.


Certificados de distancia

Preto de 30 persoas, tendo en conta as restricións actuais, participaron nas rutas guiadas, e tamén houbo veciños que pola súa conta se achegaron a ver aos autores traballando ao longo do Camiño. Os participantes recibiron asimesmo certificados de distancia da realización dos tramos, que o Concello de Silleda comezou a entregar durante esta xornada a modo de proba piloto para as persoas que realizan o camiño ao seu paso polo municipio. Así mesmo, os participantes nas rutas puideron desfrutar visitando o interior do Muíño de Covián, o máis grande da comarca do Deza, e da igrexa de Dornelas, cun artesonado de madeira único.


Ata Trasfontao achegouse tamén María Baleato, directora da área de Competitividade de Turismo Galicia, que foi recibida polas concelleiras de Cultura e Turismo, Mónica González, e de Educación, Ángela Troitiño. O programa continuará nas vindeiras semanas cun foro sobre pintura e rematará coa exposición ao públicos das obras realizadas este sábado no marco do programa para poñer en valor tanto o Camiño de Santiago como aos creadores e creadoras silledenses. Dende o Concello de Silleda agradécese o apoio da Xunta a este programa, subvencionado a través de O Teu Xacobeo, así como a participación dos artistas e dos catro centros educativos do municipio que protagonizaron a primeira fase de Trasdeza pinta O Camiño.

Artistas e participantes no Trasdeza pinta o Camiño.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page