Gran éxito das tapas que organizan seis locais de hostalaría de Palas de Rei
- Laura Moure / IsmaelRS

- 30 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Os interesados poderán degustarlas ata este sábado
Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

Seis locais hostaleiros de Palas de Rei están levando a cabo unha ruta de tapas dende o o día 27 ata hoxe, sábado, día 30. Son Arenas, Xaniño, Reloxería, Curro, Casa do Outeiro e Quinto Carallo.
Publicidade
Nas xornadas de tapas, cada establecemento participante presenta dúas tapas saladas e unha doce que entrarán nun concurso de tapas de Nadal, con diferentes propostas, orixinais e innovadoras destas datas.
ECOS DA COMARCA ESTIVEMOS ALÍ E PROBÁMOLAS:
O vídeo no enlace:
Publicidade
Nos citados establecementos, os clientes póden adquirir unha cartilla por valor 5 euros que dá dereito a unha tapa por establecemento. Nos seis establecementos participantes no concurso de tapas, se o cliente esgota a cartilla sellando nos seis participantes (consumindo seis tapas) entra no sorteo de 6 ceas para dúas persoas nun deses locais participantes.
Publicidade
Os organizadores da iniciativa animan a cidadanía a participar e degustar as creacións gastronómicas do concurso.









Comentarios