top of page

Galicia acolle o #OlympeEmprende co obxectivo de fomentar o emprendemento cooperativo feminino

Durante 2022 ofrece a 14 mulleres, de maneira gratuíta, un itinerario de formación, sesións de intercooperación, circuítos de emprendemento, webinars, entre outros


Laura Moure/Xeral

O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento en feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.


O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con moito potencial na economía social e no emprendemento en feminino. #OlympeEmprende vai dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras de Galicia lideradas por mulleres que estean arraigadas no territorio, que practiquen a intercooperación, garantan a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promovan a diversidade na composición e participación e teñan en conta o impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñen ás persoas no centro da súa actividade

#OlympeEmprende, que ofrecerá formación, acompañamento individual e colectivo, webinars, circuítos de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita dar un soporte á constitución de cooperativas no territorio lideradas por mulleres. O programa realizarase de febreiro a principios de xullo (2022), e valorará que as iniciativas teñan entre os seus obxectivos a consecución dun impacto social (por exemplo a mellora do benestar do ser humano e a equidade social).


O premio económico será de ata máximo 3.000 euros para a constitución de cooperativas.

Pódense presentar iniciativas colectivas que se atopen nunha fase inicial (ideas de negocio que non se iniciaron e que se atopan nunha fase de desenvolvemento mínima, sen necesidade de que se defina ningún modelo de negocio).


Formación e acompañamento individual e colectivo

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop auspiciarán e formarán de maneira virtual aqueles proxectos seleccionados explicando o concepto de empresa da economía social e solidaria, modelos de negocio, márketing e comercialización ou fontes de financiamento alternativas. E á súa vez realizarase un acompañamento individual e colectivo de maneira virtual dos proxectos para axudar nas necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.


O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre o home e a muller en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 redactou a Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá. O programa quere ser un compromiso coa igualdade a través de fomentar a creación dun programa que ofreza soporte á creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que fomenten a transformación.


#OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida por CEPES actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para conseguir formación e emprego de calidade.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page