top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Forno: "O programa de Roteiros foi un éxito e estableceremos un convenio estable para pontencialo"

Ademais o PSOE lalinense propón a creación dunha ruta do románico e a arte sacra


Ecos da Comarca/Lalín

O turismo é unha área que nos últimos anos estivo só focalizada na Feira Internacional do

Cocido, sinala o PSOE de Lalín. “É certo que esta cita é todo un éxito pero leva anos xa consolidada e xa funciona soa”, expón a candidata socialista á Alcaldía, Alba Forno, e lembra que “nestes catro anos sempre estivemos en todos os actos, pero a carón da veciñanza e visitantes, que é onde hai que estar”. Por iso, dende o PSOE de Lalín cren na democratización desta Feira e farán "unha aposta seria pola internacionalización sen algaradas, cun programa de respecto ao produto e ás persoas visitantes, que son os verdadeiros protagonistas”.

En materia de turismo, a candidata lembra que un dos proxectos estrela do Goberno de

coalicación foi apoiar e potenciar Roteiros de Lalín. Este programa naceu en 2015 e

actualmente está totalmente consolidade e conta con máis de 400 quilómetros de rutas por Lalín. “Fan un gran traballo e necesitan un maior apoio por parte da institución local, por iso

estableceremos un convenio no que se fixará unha subvención axeitada á súa actividade”,

explica Forno.

Dende o grupo socialista aseguran que este proxecto atrae a numerosas persoas a

percorrer “o noso rural, que tamén é preciso potencialo a nivel turismo. Temos espazos

naturais que moita veciñanza descoñece e que son fermosos, por iso contar con proxectos coma este é fundamental e hai que darlle o pulo preciso para que sigan facendo esta labor”, indica a candidata. Ademais, explica que levan a cabo un traballo de limpeza dos espazos naturais e dos camiños “que é impresionante e para o que precisan máis medios”. Para isto, consolidarase a sinaléctica das rutas e o coidado dos camiños no convenio que se establecerá.


En colaboración con Roteiros de Lalín e coa Xunta de Galicia, Norma Fernández, membro da candidatura, afirma que se deseñará unha Ruta do Románico e Arte Sacro. “Temos moito patrimonio e moi descoñecido, por iso solicitaremos axuda a administración

autonómica para mellorar o patrimonio románico e darlle difusión, e un bo xeito de facelo é establecer unha ruta que transcorra por estes espazos”.

Esa Ruta do Románico e do Arte Sacro contemplará una viaxe pola arquitectura, pintura e imaxinería retablística e percorridos por Lalín de Arriba, Donramiro, San Miguel de Goiás, a Igrexa de Soutolongo, as de Bermés e Palmou ou Itinerario por Cangas , Rodís e Palio.





0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page