top of page

Falece un traballador en Friol tras sufrir unha caída

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo.

Un veciño localizouno tirado e sangrando no interior dun establo.


Sucedeu ás tres desta tarde nunha explotación gandeira situada no lugar de A Cabana, na parroquia friolesa de Nodar. Alí acudiron diversos medios que foron alertados desde o 112 Galicia tras as primeiras chamadas de axuda.


Publicidade

Deste xeito, mobilizáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do GES de Friol e de Protección Civil e os axentes da Garda Civil.


Publicidade

Sen embargo, nada puido facerse por esta persoa, e axiña confirmouse o seu falecemento.

Os axentes de seguridade indicaron que se trataba dun accidente no ámbito do traballo, e posiblemente provocado por unha caída.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page