Falece o excalcalde de Melide Javier Rodríguez Pampín
- ecosdacomarca
- 1 ago 2022
- 1 Min. de lectura
Foi rexedor deste municipio entre os anos 1976 e 1987
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide informa que faleceu Javier Rodríguez Pampín, que foi alcalde deste municipio entre os anos 1976 e 1987.

"O Concello de Melide está de loito polo seu pasamento. Envíamos dende aquí, no nome de toda a Corporación e do persoal municipal, unha forte aperta á familia e amigos", indica o goberno local.
O seu nome completo é Ulpiano Javier Rodríguez Pampín. Ademais de mandatario, foi concelleiro dende 1974, sendo ademais tenente de alcalde. En 1976 foi nomeado mandatario e presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou Coalición Popular (como membro do PDP) e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta (nove concelleiros de 13).
Así mesmo, foi deputado provincial entre 1979 e 1987 e nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG, sendo o máis votado pero sen maioría absoluta, polo cal perdeu a alcaldía en favor de AP que pactou un goberno alternativo cos independentes de Unidade dos Veciños. Á fin dese mandato retirouse da primeira liña política. Na localidade hai unha rúa que leva o seu nome.
Kommentare