top of page

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa perdeu a vida despois de sufrir un accidente de tráfico no concello de San Cibrao das Viñas. O sinistro, que consistiu nunha saída de vía, tivo lugar no quilómetro 227 da estrada OU-525, ao seu paso pola parroquia de Noalla.

A alerta inicial saltou no 112 Galicia arredor das 06:20 horas a través do aviso dun smartphone. Malia que os xestores de emerxencias tentaron establecer contacto co propietario do teléfono sen éxito, minutos despois o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaba a existencia dunha saída de vía no punto indicado polo dispositivo.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES do Pereiro de Aguiar, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha vez no lugar do accidente, os equipos de intervención comprobaron que a vítima era o único ocupante do vehículo e que se atopaba atrapada no interior. Tras proceder á retirada das portas traseiras para acceder ao habitáculo e liberar o corpo, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa. Trátase dun home de 62 anos.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page