top of page

Europa fíxase nas boas prácticas da Finca Mouriscade para transformar o panorama rural europeo

Corenta integrantes do consorcio do proxecto europeo “Go-Grass” procedentes de Alemaña, Dinamarca, Suecia, Países Baixos, Bélxica, Romanía, Hungría e España visitan este xoves, e da man do deputado Jorge Cubela, a finca da Deputación en Lalín


Laura Moure/Lalín

Europa pon os ollos na Finca Mouriscade da Deputación de Pontevedra e no traballo que esta desenvolve para transformar o panorama rural da provincia. Deste xeito, un grupo de corenta integrantes do consorcio do proxecto europeo “Go-Grass” procedentes de Alemaña, Dinamarca, Suecia, Países Baixos, Bélxica, Romanía, Hungría e España serán recibidos este xoves, a partir das 16:15 horas, polo deputado delegado de Reto Demográfico, Jorge Cubela, na finca da institución provincial en Lalín, tras amosar o seu interese nas boas prácticas que esta desenvolve.

A Finca Mouriscade foi elixida a través da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, membro do consorcio do proxecto europeo “Go-Grass”, como centro demostrativo pola súa implementación de tecnoloxías de circularidade na cadea de valor levadas a cabo na planta de biogás.

Publicidade

O grupo representante do consorcio, que agrupa universidades, centros de investigación, empresas, ganderías e unha ampla representación da cadea de valor das áreas seleccionadas en oito países europeos, visitará, ademais da planta de biogás das instalacións da Deputación de Pontevedra en Lalín, o traballo que se desenvolve en Mouriscade a través do seu laboratorio e da granxa.


Publicidade

“Go-Grass” trátase dunha iniciativa para transformar o panorama rural europeo que traballará nos próximos catro anos para desenvolver modelos de negocio efectivos e circulares na contorna rural europea. O seu obxectivo é dinamizar as comunidades rurais desenvolvendo solucións de base biolóxica a pequena escala para desbloquear o potencial dos pastos de Europa e crear novas oportunidades de negocio nas zonas rurais do continente.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page