O silledense Abraham Castro, autor do premiado proxecto, guiou ao grupo polas instalacións deportivas da Bandeira
Laura Moure/Silleda
Alumnas e alumnos da asignatura de Construcións arquitectónicas avanzadas da Facultade de Arquitectura da Universidade da Coruña visitaron as instalacións do Campo de Fútbol da Gandareira, que se estrenaron a finais de 2018 e que continúan a ser un referente

O autor do proxecto, o arquitecto silledense Abraham Castro, guiou ao alumnado polas instalacións municipais, explicando distintas cuestións relativas ao proceso de creación e construción desta obra, que cabe destacar que xa recibiu varios recoñecementos, incluso a nivel internacional. Dentro desta asignatura do Grao, o alumnado adoita facer saídas que contribúen a ver e estudar in situ algunhas das obras contemporáneas máis vanguardistas do territorio galego. Ademais, a visita realizouse en pequenos grupos, cumprindo en todo momento os protocolos de medidas de prevención sanitaria.
O campo de fútbol da Gandareira, financiado polo Concello de Silleda e a Deputación de Pontevedra, acadou en 2019 o premio Panorama de Obras na XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo (BIAU), celebrada en Paraguay, e máis recentemente recibiu o Gran Premio ENOR, un dos de máis prestixio a nivel estatal.
Comments