top of page

Esta semana pódese doar sangue en Melide e Antas de Ulla

Na localidade melidense a unidade móbil desprazarase mañá e pasado estará en Antas


Laura Moure

As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semana nas localidades de Melide e Antas de Ulla.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio melidese esta semana. A cita será mañá, mércores día 3. Situarase como de costume no Cantón de San Roque en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.


E o día seguinte, o xoves 4, estará en Antas de Ulla. A unidade móbil estará fronte ao consistorio e só en horario de tarde de 16:30 a 21:00 horas.

Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.

Unha das unidades móbiles para doar sangue. Autor: ADOS

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page