top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Estáfanlle máis de 3.000 euros por pinchar nun enlace enviado por mensaxe ao móbil

A Garda Civil desarticulou un grupo criminal especializado en ciberestafas mediante o método coñecido como “smishing”, situado na provincia de Barcelona


Ecos da Comarca/Xeral

O Equipo@ Coruña da Garda Civil de prevención e resposta en materia de Ciberdelincuencia, en colaboración coa Equipo Territorial de Policía Xudicial (ETPJ) da Garda Civil de Manresa, desarticulou un grupo criminal especializado na realización de ciberestafas, fincado na provincia de Barcelona, na fase de explotación da operación Gayano.

A mencionada operación iniciouse por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Pontedeume, comunicando recibir nun mensaxe SMS, supostamente da súa entidade bancaria, informándoo de que se realizou un cargo de 105 euros na súa conta, indicándolle que se non estaba autorizado accedese á súa conta bancaria a través da ligazón facilitada no SMS.


Publicidade

Dado que o cargo comunicado non estaba autorizado, a vítima accedeu á súa banca en liña a través da ligazón facilitada, convencido de que era a páxina web da súa entidade bancaria, introducindo as credenciais de acceso á mesma, momento no que os presuntos estafadores fixéronse co control da súa conta, realizando cargos na mesma por un importe superior aos 3.000 euros.


A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade da información recibida e identificar o autor ou autores do iícito no seu caso. No transcurso da mesma os efectivos actuantes lograron, tras a análise minuciosa da información solicitada, pescudar o modus operandi do grupo, o cal consistía en facerse co control das contas bancarias das vítimas mediante o método coñecido como “smishing”, realizando posteriormente desde dita conta a compra de criptomonedas, enviando as mesmas a contas bancarias españolas para o seu troco por diñeiro en efectivo.


Publicidade

Como froito do traballo de campo realizado, os compoñentes do Equipo@coruña lograron a identificación plena dos 6 presuntos integrantes do suposto grupo criminal, residindo estes na provincia de Barcelona, polo que solicitaron a colaboración do ETPJ de Manresa para a súa detención como presuntos autores dos delitos de estafa, intrusión informática, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal.


Publicidade

A Garda Civil procedeu á detención de tres deles nas localidades de Manlleu, Torelló e Sora, atopándose outros dous dos supostos autores en paradoiro descoñecido, emitíndose unha Orde de localización e detención e o sexto dos presuntos integrantes do grupo criminal atópase internado no Centro Penal Brians


Consellos

  • Nunca acceder mediante unha ligazón que nos remitiran, aínda que coñezamos o remitente.

  • Acceder á nosa conta bancaria como habitualmente, app ou web da propia entidade bancaria.

  • Non achegar ningún tipo de código ou contrasinal a ninguén


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page